HomesociedadeO novo alcalde de Taboada analiza con Isabel Rodríguez as necesidades do...

O novo alcalde de Taboada analiza con Isabel Rodríguez as necesidades do concello

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, reuniuse este martes co alcalde de Taboada, Roi Regueira, co que repasou as principais necesidades deste municipio da zona sur da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na primeira visita institucional que efectúa á Subdelegación do Goberno o novo rexedor de Taboada, Isabel Rodríguez e Roi Regueira aproveitaron para analizar as posibilidades de colaboración entre as dúas administracións e abordaron os temas referidos a seguridade. Ambos responsables públicos coincidiron na necesidade de manter unha boa relación e coordinación entre ambas as institucións que redunde en beneficio dos veciños e veciñas de Taboada.

Nesta liña, Isabel Rodríguez trasladou a plena disposición da Subdelegación co Concello de Taboada naqueles asuntos que son competencia do Executivo Central. Así, estudaron a situación dos accesos da N-540 e a súa travesía polo municipio, e acordaron planificar a próxima convocatoria da Xunta Local de Seguridade Cidadá.

Ademais, a subdelegada aproveitou o encontro para informar ao alcalde sobre os programas do Goberno dispoñibles en materia de vivenda, transición ecolóxica, acceso a banda ancha e administración pública.

ÚLTIMAS

A UNED Sénior de Monforte ten prazo de matrícula aberto para dous novos cursos

O primeiro dos cursos, "Unha aproximación ao patrimonio histórico-artístico na Ribeira Sacra: máis alá...

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...