HomesociedadeCSIF urxe a contratación de persoal para os servizos de Hematoloxía e...

CSIF urxe a contratación de persoal para os servizos de Hematoloxía e técnicos de Laboratorio do Hospital de Monforte

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) solicita que se dote do persoal suficiente tanto o servizo de hematoloxía como a pantilla do persoal técnico de laboratorio do Hospital. Aseguran que nestes momentos "están desbordados por unhas cargas de traballo abusivas pola falta das dúas únicas hematólogas do servizo."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CSIF denuncia que desde o día 5 de abril deste ano as dúas hematólogas están de baixa, sendo cubertas por unha doutora que vén dous días á semana de Lugo. Lembran que cando unha das especialistas quedou embaraza, “a xerencia substituíuna por un facultativo eventual a tempo completo, que se incorporou antes mesmo de que a médica fixese efectiva a súa baixa, chegando a estar tres persoas no servizo.”

Considera o sindicato que este feito demostra que “se existe vontade é posible dar cobertura con facultativos de presenza física a tempo completo”. Sen embargo, agora a xerencia comunicou que unicamente haberá un reforzo que se desprazaría desde Lugo dúas veces por semana. CSIF lamenta este cambio de criterio por parte da dirección do Hospital e advirte de que implica a máis colectivos que traballan en estreita relación co de hematoloxía, como o dos técnicos de laboratorio.

Alertan desde CSIF que “debido á falta de especialistas, estes profesionais teñen que asumir funcións de validación propias dun facultativo e nos casos de especial complexidade, os resultados demóranse xa que hai que chamar a Lugo ou no seu caso enviar a proba a Lugo, co consecuente prexuízo para o paciente.”

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...