HomeCulturaOutrora en Rubián, 19 anos divulgando os oficios artesanais

Outrora en Rubián, 19 anos divulgando os oficios artesanais

Rubián, no concello de Bóveda, celebrou este ventes a 19 edición da Feira Tradocional Outrora, que a través da Fundación Artesanía de Galicia, acolleu catro obradoiros abertos ao público de iniciación á encadernación, ao gravado, á cerámica de torno e á pintura sobre madeira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou este venres a Feira Outrora, que conta co apoio da Xunta co obxectivo de contribuír á posta en valor dos oficios artesanais e de visibilizar a marca Artesanía de Galicia.

No programa de actividades incluíanse catro obradoiros artesanais para todos os públicos. Os artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera, de Artesanía Chuschús, encargáronse dos obradoiros de encadernación á xaponesa –no que elaboraron un caderno– e outro sobre gyotaku e transfer. O gyotaku é unha técnica na que se utiliza o peixe como prancha de gravado e o transfer consiste en facer unha impresión sobre madeira.

Outrora 2023 / Consellería de Economía

Pola súa banda, o ceramista, Carlos San Claudio impartiu un taller de torno oleiro no que cada persoa viviu a experiencia do torneado do barro utilizando como ferramenta o torno oleiro. Mentres que a artesá, Leonor Díaz, de Como pez en el agua, ofreceu un obradoiro de pintura sobre madeira.

Esta cita coa tradición contaba con actividades para os máis cativos pola tarde e amenización musical durante toda a xornada. Xoán Curiel ofreceu un concerto na capela do Ecce Homo e xa pola noite celebrouse o tradicional e popular “Isco no guizo” para pechar a xornada con Dj Vizcaíno.


Outrora 2023 / Concello de Bóveda

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...