HomeEconomíaAlfaia de Chorima, miniempresa do IES a Pinguela gaña o concurso de...

Alfaia de Chorima, miniempresa do IES a Pinguela gaña o concurso de emprendemento Lanzadeiras

Por terceiro ano, o centro de ensino de Monforte consegue este premio de emprendemento. Neste caso coa miniempresa Alfaia de Chorima, creada polo alumnado de 1º Administración e Finanzas do IES A Pinguela, coordinado pola profesora de Administrativo Ana Belén Leirado Martínez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A miniempresa Alfaia de Chorima xorde no ámbito educativo do IES A Pinguela de Monforte de Lemos. O seu obxectivo principal é a creación de xoias feitas con resina e flores autóctonas da Ribeira Sacra e O Courel, dúas zonas de grande valor paisaxístico e natural. Buscan fusionar a beleza das xoias coa riqueza da natureza galega, utilizando resina para encapsular as delicadas flores autóctonas. As xoias resultantes son pezas únicas, nas que se aprecia a singularidade e a esencia do entorno no que se desenvolve o proxecto.

Ademais de promover a creatividade e a artesanía, tamén busca dar a coñecer a riqueza e a importancia das flores autóctonas presentes na Ribeira Sacra e O Courel. Así, estudantes e membros da comunidade educativa do centro, aprenden sobre a creación de xoias, o traballo coa resina e o coñecemento das especies florais autóctonas. Promóvese tamén a cultura emprendedora e o desenvolvemento de habilidades empresariais entre os participantes.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...