HomeCulturaXacarandaina animará as rúas de Monforte este 10 de agosto desde as...

Xacarandaina animará as rúas de Monforte este 10 de agosto desde as 21:00h

O concello de Monforte acollerá este xoves, 10 de agosto, a actuación do grupo galego Xacarandaina, que encherá de música e baile tradicionais o centro histórico da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación de Xacarandaina comezará a partir das 21:00 horas na praza da Compañía, onde levarán a cabo a interpretación de pezas de música tradicional acompañadas de baile. A continuación, desprazaranse ata a rúa do Cardenal, onde farán unha nova actuación, e finalizarán na praza de España con novos bailes e música.

A actuación forma parte do programa do Verán Cultural do Concello de Monforte, dentro do ciclo “Danza3, Folklore na rúa”, que organiza a administración local coa colaboración da AGADIC.

O obxectivo deste espectáculo transmitirlles ós cidadáns a esencia e a riqueza das danzas tradicionais galegas, así como das músicas que as acompañan e do vestiario da época á que pertencen.

ÚLTIMAS

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...

O pleno de Monforte non aproba a petición de Esperta monforte para unha nova aula de 2º de primaria

A iniciativa pedía revisar a planificación deste curso e crear un novo grupo...

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das...

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...