HomeCulturaAs rutas fluvais da Ribeira Sacra contan superar os 45.000 viaxeiros

As rutas fluvais da Ribeira Sacra contan superar os 45.000 viaxeiros

A Deputación de Lugo subliñou este venres "o interese" que esperta esta ruta turística. Segundo datos da administración provincial, 18.000 persoas percorreron esta ruta no último mes e medio.

Publicado o

- Advertisement -

As rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra prevén superar os 45.000 viaxeiros este ano 2023. Desde o inicio da tempada, a cifra total supera os 35.000 usuarios, aos que hai que engadir as 10.300 prazas que están reservadas ata o fin de ano.

A Deputación de Lugo subliñou este venres “o interese” que esperta esta ruta turística. Segundo datos da administración provincial, 18.000 persoas percorreron esta ruta no último mes e medio, entre o 1 de xullo e o 15 de agosto.

A portavoz socialista da Deputación e responsable de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, fixo balance este venres dos “bos datos” que este ano están a rexistrar as rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra, unha oferta de lecer que ofrece a institución provincial desde o 1 de abril e que se estenderá ata a ponte de decembro.

“É unha satisfacción que se consolide ano tras ano como un reclamo de primeiro nivel porque xera un retorno económico moi importante na zona e porque favorece o modelo de turismo sustentable, de calidade e experiencias polo que traballamos desde a Deputación”, sinalou García Porto.

Así mesmo, a deputada analizou unha tendencia que vén dando neste servizo provincial nos últimos anos cun aumento de viaxes en grupo, con máis de 180 no que vai de ano, e de viaxeiros nacionais.

A portavoz do goberno tamén destacou “un aumento nos viaxeiros internacionais, con presenza de persoas de Sudáfrica, Estados Unidos, Canadá ou Estonia, onde temos contabilizados polo menos 40 viaxeiros”.

As rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra continuarán ata a ponte de decembro. As persoas interesadas poden consultar máis informacións e reservar unha praza a través da páxina web da institución provincial e en reservas.rutasembalses.es.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...