HomeCulturaA curta "Amor Viaxeiro" preséntase en Quiroga o 27 de agosto

A curta “Amor Viaxeiro” preséntase en Quiroga o 27 de agosto

Entre o equipo directivo da cinta, está unha quiroguesa, Sara Casanova que xunto a seis compañeiros do curso de Realización da TiC en Lugo presentaron este traballo ao I Concurso Cómo dirías que es España sin decirlo, convocado por Neflix e Turespaña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O salón de actos da Casa de Cultura de Quiroga acolle este domingo, 27 de agosto, ás doce do mediodía, a presentación da curtametraxe “Amor Viaxeiro”. A curta conta a historia de Eugenia, unha anciá que comeza a ter problemas de memoria. Cando a súa neta atopa unhas vellas fotografías da súa mocidade parece recuperar a lucidez. Como terapia, a rapaza decide percorrer os destinos das fotografías replicándoas para estimular os recordos da súa avoa. Parte destas gravacións leváronse a cabo en lugares do municipio como foi a coñecida fervenza de Vieiros.

Sara, Directora de Arte, estará acompañada dos dous directores da curtametraxe, de xefes de son e operadores de cámara, e entre o elenco de actores e actrices, estará alguén moi especial para ela, a súa avoa Carmucha, que se estreou como actriz, traballo, que como afirma Sara, se sentiu “moi a gusto”.

En pouco tempo de vida, a curta percorreu moitos lugares, agora tócalle estrearse en Quiroga. O propio Concello de Quiroga colaborou economicamente na rodaxe.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...