HomesociedadeObradoiro en Quiroga para a capacitación dixital da cidadanía

Obradoiro en Quiroga para a capacitación dixital da cidadanía

A aula Cemit acollerá o 7 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 unha actividade organizada polo Colexio Profesional de Enxeñería en Información de Galicia, no marco do convenio de colaboración coa Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este obradoiro vai dirixido a persoas de tódalas idades, trátase dunha aula interxeracional para a inclusión dixital. A actividade consiste nun obradoiro creativo sobre o equipamento disruptivo para a capacitación dixital da cidadanía. Trataranse temas como o uso de drons, impresión 3d, robótica e gafas de realidade virtual.

O obxectivo do curso é perderlle o medo ás novas tecnoloxías e entender o máis importante delas, polo que resultatá de especial interese para as persoas maiores, que recibirán formación personalizada para que se entenda todo o que se explica.

O obradoiro creativo terá lugar o 7 de setembro na aula Cemit de Quiroga en horario de dez da mañá ás dúas do mediodía. Dado que hai prazas limitadas, as persoas interesadas en participar deben de anotarse canto antes, a través do teléfono 982 43. 51 .25 ou na Casa da Cultura persoalmente.

ÚLTIMAS

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...