HomeCulturaA curta monfortina ‘La chica de la ventana’ gañadora nun festival internacional

A curta monfortina ‘La chica de la ventana’ gañadora nun festival internacional

A peza audiovisual foi realizada por alumnado do Colexio Escolapios de Monforte e titorizada polo profesor Javier Saco. O certame no que participaban é o prestixioso ‘Emove’.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

‘La chica de la ventana’ é unha curtametraxe que nace como actividade formativa que desenvolve o profesor do Colexio Escolapios de Monforte Javier Saco dentro do proxecto educativo ‘El rincón de Leonardo’.

Segundo reza na web do devandito proxecto, “La chica de la ventana é unha denuncia contra o racismo e a intolerancia, onde a creatividade preséntase como alternativa para dignificarse, potenciar a autoestima e fortalecerse diante do acoso escolar. É tamén un tributo póstumo á profesora Beatriz Pérez”.

O protagonista da curta. Foto: Colexio Escolapios.

Esta obra audiovisual foi creada no 2022, presentada na 8ª edición do Fancine de Lemos e no Camiño Creativo de Santiago e gañadora do II Certame Cineduca do Ateneo de Santiago. Tras estes recoñecementos, agora vén de gañar o VIII Festival Internacional Escolar e Universitario das Artes AudiovisuaisEmove Festival— na categoría de 2º ciclo de ESO.

O profesor Javier Saco Fernández, encargado de titorizar esta curtametraxe, está de novo incluído entre os mellores profesores de España, ao formar parte da lista de 10 candidatos aos premios Educa Abanca en Secundaria e Bacharelato. É o único de Galicia seleccionado nesta categoría.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...