HomesociedadeParadores pecha un acordo de patrocinio co Club de Golf Río Cabe

Paradores pecha un acordo de patrocinio co Club de Golf Río Cabe

Asinábase a pasada semana e supón a renovación para os vindeiros anos do apoio económico para darlle continuidade ao "Torneo Paradores", competición máis emblemática do calendario de competicións do club monfortino

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta pasada semana, o director do Parador de Monforte de Lemos, Miguel Castro, e a xerente do Club de Golf Río Cabe, Mª Eugenia Graña, asinaron un acordo entre ambas as entidades para reforzar aínda máis a histórica colaboración entre o Parador e o campo de golf.

Este acordo-marco garante a renovación para os vindeiros anos do acordo de patrocinio “Torneo Paradores”, o torneo máis emblemático do calendario de competicións do club monfortino e un dos torneos de referencia no ámbito do Pitch & Putt galego.

IMAXE CORPORATIVA E SERVIZOS CON CONDICIÓNS PREFERENTES

Así mesmo, e ata o ano 2027, os 18 foxos do campo lucirán a imaxe corporativa de Paradores nas súas bandeiras. Tamén, a partir deste mesmo mes de setembro, todos os clientes do Parador de Monforte terán condicións preferentes para a reserva e adquisición de greenfees do campo de golf. Pola súa banda todos os socios, visitantes e xogadores que fagan uso do percorrido do Río Cabe poderán reservar as súas estancias para o Parador no propio club, tamén en condicións preferentes.

“Con este novo paso consolídase unha alianza estratéxica entre o Parador de Monforte e o Club Río Cabe encamiñada ao fomento da práctica do pitch & putt e ao fomento das actividades turísticas en Monforte e na Ribeira Sacra”, comentan dende a xerencia do Parador de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...