HomesociedadeSuspéndense as rutas en catamarán do Miño, por obras de mantemento de...

Suspéndense as rutas en catamarán do Miño, por obras de mantemento de Naturgy no encoro dos Peares

A Deputación de Lugo informa de que a empresa Naturgy Generation SLU, titular dunha concesión para o aproveitamento de auga no río Miño con destino á produción de enerxía eléctrica, vén de comunicarlle que ten previsto realizar nos próximos días un descenso do nivel do encoro dos Peares para realizar o mantemento das comportas da presa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O descenso de nivel imposibilita a navegación con seguridade das rutas fluviais da Deputación polo Miño, que parten de Belesar, polo que a institución provincial vese na obriga de suspender este servizo a partir de mañá mércores, 25 de outubro, ata fin de tempada.

A Deputación porase en contacto coas persoas que xa fixeran a súa reserva para facer esta viaxe polo Miño, informándoas da situación e facilitándolles a opción da devolución do importe do billete ou a alternativa de trocar o billete polo da ruta polo Sil, que si estará operativa.

No caso da ruta polo Sil, esta semana hai viaxes de mércores a domingo. Logo haberá rutas o día de Todos os Santos, o 1de novembro, con dúas viaxes pola mañá e dúas pola tarde. O resto do mes de novembro só haberá percorridos durante as fins de semana e, en decembro, as rutas desenvolveranse dende o 2 ao 10 de decembro todos os días, con  motivo da Ponte da Constitución.

Para información e reservas, as persoas interesadas poden dirixirse á web https://reservas.rutasembalses.es ou chamando ao: 982 26 01 96 en horario de 9:00 a 20:00 horas de luns a domingo.

ÚLTIMAS

IV Encontro arredor do Viño, “Montefurado: patrimonio e terroir”, do 13 ao 15 de xuño en Quiroga

Este luns presentábase na Delegación Territorial da Xunta en Lugo o cuarto Encontro arredor...

O DH Molinos reuniu no Páramo aos mellores riders do Estado

A proba, organizada pola DHG Team de Sarria, incluíse este ano no calendario da...

Networking e sinatura de convenio de colaboración entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Nordés Club Empresarial para afrontar os retos do...

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next dará a coñecer proximamente os resultados destas...

O Concello de Chantada informatiza as reservas para a utilización das Pistas de Pádel e de Tenis

O Concello de Chantada instalou no 2023 unha nova Pista de Pádel na Área...