HomesociedadeClausúrase en Monforte o obradoiro de emprego sobre restauración e arquivo dixital

Clausúrase en Monforte o obradoiro de emprego sobre restauración e arquivo dixital

O Obradoiro de Emprego, que se celebrou dende o mes de novembro de 2022 nas instalacións da Escola Taller da Pinguela, formou a 20 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

20 alumnos e alumnas das especialidades desenvoltas neste obradoiro de emprego recibiron este luns os diplomas acreditativos e certificados de formación en Traballos de carpintería e moble, recuperaron pequeno mobiliario urbano deteriorado pero que reunía unhas características de calidade e de deseño para mantelo e material antigo propiedade municipal e provinte da antiga Casa de Socorro.

A outra metade do alumnado formouse en Gravación e tratamento de datos e documentos, esta sería continuación da Especialidade Arquivo Dixital, impartida na pasada edición de 2021-2022. Esta segunda parte deste obradoiro centrouse na organización e informatización de arquivos de expedientes de diferentes oficinas de Servizos Municipais, de documentación do Arquivo histórico do Concello de Monforte, así como de documentación administrativa de interese e a disposición do cidadán. Incluíu a ordenación, identificación, clasificación e descrición destes documentos, co obxectivo de cargar estes expedientes na aplicación de xestión documental do Concello.

O obxectivo era dinamizar o patrimonio documental de carácter histórico do Concello de Monforte de Lemos, fomentando a súa xestión mediante a aplicación das TIC, cun tratamento específico para favorecer a súa preservación de cara o futuro e mellorar a súa difusión e acceso por parte do conxunto da cidadanía, á vez que se impulsa a administración electrónica.

No acto de entrega de diplomas participaron, entre outras autoridades, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias e o alcalde de Monforte, José Tomé, que destacaba a mellora da empregabilidade dos alumnos. “O obxectivo final é que poidan quedarse definitivamente nas empresas que os están a contratar a través dunha axuda, logo da súa formación no obradoiro de emprego do Concello, de 1.500 € por alumno. Axudas que convocamos a mediados do pasado mes de setembro”.

Pola súa banda Javier Arias lembrou que nas vindeiras semanas botará a andar outro obradoiro de emprego no municipio, que suporá novas oportunidades laborais para outros tantos traballadores desempregados e contará cun orzamento de 534.000 euros da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Investimento similar ao do obradoiro clausurado este luns.

Lembrou tamén que Galicia será pioneira en establecer a Cota cero para os novos autónomos, subvencionando o 100% das cotizacións dos primeiros 12 meses para as persoas que se dean de alta entre o 30 de setembro de 2023 e o 30 de setembro de 2024.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...