HomeMedio ambiente e PatrimonioDeclaración de Ribeira Sacra sobre o patrimonio da auga: unindo o pasado...

Declaración de Ribeira Sacra sobre o patrimonio da auga: unindo o pasado co futuro

Os especialistas recomendan neste documento seguir promovendo diálogos intersectoriais,  foros, encontros e contribucións científicas específicas. Instan tamén a ampliar o coñecemento actual sobre as paisaxes da auga como sitios esteticamente impresionantes que combinan a biodiversidade agrícola con ecosistemas resilientes e un valioso patrimonio cultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu este martes á lectura da Declaración de Ribeira Sacra sobre o patrimonio da auga: unindo o pasado co futuro no marco do encontro internacional que se celebra ata este mércores no Parador de Santo Estevo do concello ourensán de Nogueira de Ramuín ao que asisten unha trintena de expertos de prestixio internacional.

A declaración ten por obxectivo preservar, difundir e poñer en valor o patrimonio cultural vinculado á auga. O responsable autonómico de Cultura agradeceu a dedicación destes profesionais pola súa implicación no estudo e difusión “dun dos nosos maiores tesouros” no proceso de revitalizar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Neste senso, animou a todos os organismos implicados a seguir as súas recomendacións para “demostrar a importancia desta paisaxe marcada pola auga para o patrimonio universal e a riqueza de Galicia”.

O documento adoptado este martes recolle unha vintena de recomendacións entre as que se inclúen a necesidade de seguir promovendo diálogos intersectoriais, foros, encontros e contribucións científicas específicas co fin de preservar o legado desta paisaxe excepcional marcada pola curso dos ríos Sil e Miño. Neste senso, instan a ampliar o coñecemento actual sobre estes sitios esteticamente impresionantes que combinan a biodiversidade agrícola con ecosistemas resilientes e un valioso patrimonio cultural.

A declaración anima a promover a creación de grupos de traballo sobre as paisaxes da auga, intercambiar orientacións, casos de estudo e experiencias para acadar un enfoque inclusivo e a apuntar o papel destes espazos na Unesco incentivando a inscrición de novos elementos tanto nas listas de Patrimonio Cultural Inmaterial como no Rexistro de Boas Prácticas.  Ademais, solicítase a apoiar aos diferentes estados a presentar novas candidaturas relacionadas coa auga para acadar unha Lista do Patrimonio Mundial máis representativa, equilibrada e crible.

Por último, os expertos recomendan aos gobernos e administracións públicas identificar e preparar inventarios destas paisaxes e do patrimonio vivo que está presente en cada territorio para fomentar o recoñecemento do seu valor e importancia. Por último, piden crear un marco axeitado que permita as autoridades e comunidades locais actuar en beneficio do seu patrimonio hídrico.

Congreso Internacional Ribeira Sacra / Consellería de Cultura

ÚLTIMAS

A Muiñeira de Chantada ou a Rianxeira, cal é a máis representativa de Galicia?

Para asistir á gravación do programa, o Concello de Chantada puxo un autobús no...

90.000€ para melloras no Pavillón Polideportivo Municipal de Bóveda

O Fondo de Cooperación local de Xunta de Galicia destina 46.101€ para os traballos...

A Deputación esíxelle ao Concello de Sarria e á Xunta de Galicia a posta en marcha do Matadoiro Municipal

Antes da sesión plenaria, o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, destacou a importancia...

Devólvense os recibos do último trimestre ós usuarios da Piscina Municipal de Monforte

Tal e como anunciou o rexedor monfortino a finais do mes de setembro, dende...