HomePolíticaO PP de Monforte non respaldou uns orzamentos que califica de "enganosos,...

O PP de Monforte non respaldou uns orzamentos que califica de “enganosos, problemáticos e que endebedarán a Monforte”

Os orzamentos do concello de Monforte para o 2024 aprobáronse na última sesión plenaria cos votos do equipo de goberno e votando e contra toda a oposición. O PP considera que, "suporía ser cómplices dunha xestión económica aloucada e a salto de mata, que xa veremos ao final do mandato canto nos custa aos monfortinos".

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que “as políticas postas en marcha e defendidas polo equipo de goberno non contribúen a mellorar a economía de Monforte, como tampouco axudan a asentar poboación no municipio.” Con respecto á diminución na recadación por impostos municipais aseguran que, “non é precisamente porque o equipo de goberno os baixe, se non porque hai unha realidade innegable, a perda constante de poboación”.

Katy Varela tamén critica “a arbitrariedade de Tomé para pedir axudas á Xunta de Galicia en función do recurso que se trate. Pedimos que se soliciten todos os recursos dispoñibles para a poboación de Monforte para poder dar solucións aos problemas e evitar a perda paulatina de poboación”.

Nese senso, Katy Varela afirma que Tomé opta por non pedir axudas para facilitar a conciliación das familias porque “prefire perder poboación e que os mozos marchen porque sabe que non lle votan”.

Os populares non respaldan tampouco o aumento das subvencións de carácter nominativo en prexuízo das de carácter competitivo por consideralas insuficientes, engaden que “para paliar e solucionar os problemas do día a día do municipio o equipo de goberno vai a endebedar a todos os veciños ao acudir a unha operación de crédito para sufragar gastos como reposicións en vías urbanas ou pequenas intervencións como instalacións en edificios ou equipamentos de diversas áreas como cultura medio ambiente ou urbanismo”.

Katy Varela tamén crítica “o enganoso e problemático do aumento nun millón de euros do orzamento municipal. Ese incremento vén dado dunha operación de préstamo”. Rematan os populares asegurando que “son uns orzamentos absolutamente continuistas, que non anuncian nada novo, que seguen tendo un gasto importantísimo na xestión da auga e da limpeza e recollida de lixos pero sen solucionar os problemas de abastecemento e saneamento que sofre o municipio”.

ÚLTIMAS

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, na parroquia de Montefurado, celebra a súa ‘X Xornada Castañeira’ este 31 de outubro

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, entidade afincada na aldea dos Anguieiros, na parroquia...

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...