HomeTerra de LemosMonforteMercados de Nadal para fomentar o comercio e ofrecer actividades de lecer...

Mercados de Nadal para fomentar o comercio e ofrecer actividades de lecer en Monforte

Celebraranse durante dous venres e dous sábados consecutivos deste mes de decembro,, concretamente os días, 22, 23, 29 e 30. Na presentación, a Tenente de Alcalde monfortina, Gloria Prada, informou das actividades e lembrou que estas iniciativas dinamizan o comercio local e ofrecen alternativas de lecer á veciñanza, visitantes e turistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na presentación dos ‘Mercados de Nadal’ deste ano, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, destacou que o obxectivo desta iniciativa é “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local. E para iso fusionaremos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ao mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.

Prada subliñou tamén que “continuando cunha novidade incorporada o pasado ano polo Concello e que funcionou moi ben, cada un dos sábados 23 e 30, como colofón ao Mercado de Nadal, celebraremos dous concertos a cargo de grupos musicais monfortinos na rúa Cardenal que animarán as rúas comerciais e á hostalería dende as 8 da tarde. Serán os grupos Doc Magoo’s e  Malenne”. O sábado 23, a partir das 20:00 horas, fará a súa actuación o grupo monfortino Doc Magoo’s e o sábado 30 será a quenda de Malenne.

Doc Magoo’s en concerto. Foto: Thierry

MERCADO DE NADAL

O Mercado de Nadal de Monforte celebrarase durante dous venres e dous sábados consecutivos deste mes de decembro, concretamente os días, 22, 23, 29 e 30. A Praza de Abastos, lugar no que se ubicará este Mercado de Nadal, decoraranse ao detalle converténdoa nun auténtico escenario de Nadal cheo de luces e fantasías creativas propias destas datas.

Os horarios de apertura serán de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas.

Nesas datas de mercado, o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns e artesás de olería, complementos, cosmética natural, madeira, bixutería, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abano de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade. Calcúlase a participación de entre 10 e 12 postos por día.

Ademais, todos os días do Mercado de Nadal haberá, tanto pola mañá como pola tarde, diversas actividades coma obradoiro de cociña/Showcooking, contacontos, obradoiros de artesanía e de personalización e pintura de bolas de Nadal ou un espectáculo de maxia.

PROGRAMA COMPLETO DOS MERCADOS

Venres 22 de decembro

12:00 h.- Obradoiro de artesanía.

18:30 h.- Obradoiro de cociña/Showcooking Navideño no Espazo gastronómico da Praza. Aportaranse ideas de menús navideños coa elaboración de catro tapas diferentes a cargo do Chef Manuel: “Mejillones con langostinos y setas en escabeche casero”, “Aguacate con pico de gallo mexicano y tartas de gamba arrocera”, “Taco de merluza con nabizas y panceta curada” e “Solomillo de cerdo duroc con crema de patata y tierra de setas de temporada”.

Sábado 23 de decembro

12:00-14:00 e 17:30-20:30 h.- Visita de Papa Noel. Terá ubicada a súa Trona nas instalacións do Mercado da Praza de Abastos, e atenderá ós nenos e nenas en pases de mañá e tarde.

Papá Noel. Foto: Hipica Celta

20:00 h.- Actuación musical na rúa Cardenal a cargo de Doc Magoo’s.

Venres 29 de decembro

12:00 h.- Obradoiro de artesanía.

18:30 h.- ContacontosUn saco de contos” con María da Pontragha. Espectáculo de contos e música de historias da nosa cultura e tradición. María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade.

Co seu espectáculo Un saco de contos leva contos e cancións de tradición oral para crianzas. Historias que beben da nosa herdanza cultural e cos que sementa as leiriñas das familias para que medren vizosas.

Sábado 30 de decembro

12:00 h.- Obradoiro de personalización e pintado de Bolas de Nadal a cargo do artesá Noe.

18:30 h.- Espectáculo de maxiaWhy Not?2.0?” con Samuel Moreno, artista de Tomiño con gran talento e que chegou a semifinais de “Got Talent España” na edición do 2018. Ata este momento actuaba en eventos privados pero a partir dese ano despega actuando en diferentes eventos e locais de toda España.

En “Why Not? 2.0?” Samuel mestura maxia con música, tecnoloxía e humor. Diversión e interacción cos asistentes para achegar o ilusionismo a maiores e pequenos nun espectáculo ideal para público familiar.

Mago Samuel Moreno. Foto cedida.

20:00 h.- Actuación musical na rúa Cardenal a cargo de Malenne.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...