HomeCulturaProxección de curtas en Quiroga

Proxección de curtas en Quiroga

Será esta tarde a partir das 19:30 h. na Casa da Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes 26 de decembro o Salón de Actos da Casa da Cultura acolle ás 19:30 h. a proxección e coloquio de 2 curtametraxes lucenses seleccionadas e premiadas internacionalmente: NENA e A RABIA.

Tras a proxección haberá un pequeno coloquio con algúns membros do equipo de produción. Calcúlase que o acto pode durar unha hora aproximadamente. 

A actividade enmárcase no Circuíto de cinema que organiza a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Mordisco Films. 

NENA 

Dirixida por Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias.
https://nena.gal/

SINOPSE

Unha familia de cinco vese cambaleada pola morte dunha muller: nai, esposa, nora, cuñada… Unha situación que desestrutura o núcleo familiar e deixa a responsabilidade do mesmo a unha nena de doce anos de idade.

Un avó curtido noutra época e máis preocupado polos cartos que polo afecto. Un tío cun grande corazón de neno, mais cunha discapacidade intelectual que o converte en dependente nun sinfín de situacións. Un pai destrozado por un loito permanente e refuxiado na bebida como escape á propia realidade.

Unha nena. Unha adolescente que acaba por converterse na figura ausente, esa muller piar da unidade familiar, mais con tan só doce anos de idade. Unha nena que, ante a falta de capacidades ao seu redor, asume un rol imposto e leva as súas costas a supervivencia de tres homes.

A pasividade destas tres figuras só mudará ante a marcha da adolescente. Un desenlace que deixa desamparados a tres homes baixo un mesmo teito. Un punto de inflexión sobre o que actuar para traela de volta.

A RABIA

Dirección: Alberto Díaz López

SINOPSE

A vida de Filomena esta tinguida de pobreza e unha triste sombra de calamidade e tormento. Os terribles acontecementos da súa infancia, nunha aldea galega de finais do século XIX, marcará o carácter da súa existencia. Malia a todo, terá a oportunidadede mudar o seu destino?

ÚLTIMAS

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...