HomePolíticaO alcalde de Láncara denuncia que a voceira do PP utilizou un...

O alcalde de Láncara denuncia que a voceira do PP utilizou un vehículo da Xunta “para facer oposición percorrendo o municipio”

Darío Piñeiro califica estes feitos, “de extrema gravidade polo uso totalmente irregular dos medios públicos da Administración autonómica, que son de todos e todas os cidadáns, para destinalos a fins partidista".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro, denunciou que a voceira do Partido Popular no municipio, Olga Capón, utilizaba o 29 de febreiro un vehículo da Xunta de Galicia, no que ía de acompañante, “para percorrer o municipio e sacar fotografías dos puntos limpos da localidade, tratando de buscar algún tipo de motivo para criticar a xestión do Goberno local, e incluso denunciando a veciños do municipio”.

Piñeiro denunciou tamén que a voceira do PP dirixiuse durante o traxecto a un traballador municipal “para darlle ordes sobre o seu labor, algo que xa fixo noutras ocasións con outros operarios e mesmo empresas que traballan para o Concello, e que supón unha clara usurpación de funcións” do propio rexedor.

Estas actitudes “caciquís e antidemocráticas demostran a soberbia e a sensación de impunidade coa que actúan sempre os representantes do PP porque cren que a Xunta de Galicia é súa, e que poden facer o que queiran cos seus cartos e recursos”.

Os socialistas pregúntanse se a voceira do Partido Popular, que leva tempo de baixa médica, pode facer este tipo de desprazamentos e funcións, e tamén todos os que fixo durante a recente campaña electoral, includo presidir unha mesa electoral, onde tivo que permanecer 12 horas como mínimo. “Máis ben, cremos que debería denunciarse a si mesma”, aseguran.

ÚLTIMAS

“O Son da Serra, cando O Courel derramou bágoas de cinsa” proxéctase este 19 de novembro no Multiusos de Samos

O Son da Serra, Cando O Courel derramou bágoas de cinsa é o filme...

Chantada humanizará co plan HURBE a conexión entre a rúa Doutor Fleming e a Avenida de Lugo

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela e a Conselleira de Vivenda e Planificación...

Inscricións abertas ata o 9 de decembro para participar no Mercado de Nadal de Monforte

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde este mércores, 18 de novembro,...

O PP de Monforte non participará nos actos municipais do 25N

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte anuncian que non participarán nos...