HomesociedadeApróbase por unanimidade o reparto de 21,75M€ do Plan Deputación aos 67...

Apróbase por unanimidade o reparto de 21,75M€ do Plan Deputación aos 67 concellos da provincia

Nas peticións das entidades locais teñen prioridade os investimentos, aos que deciden dedicar preto de 17M€ -case o 70% do total dos fondos-, para acometer 331 obras e subministracións; seguido da creación de emprego, á que destinan 3,7M€ cos que crearán 301 postos de traballo; e do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), para o que os concellos de menos de 20.000 habitantes reciben 3M€ para atender a unhas 2.000 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou esta semana por unanimidade a relación de actuacións e proxectos que os 67 concellos da provincia propuxeron para executar con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024, que nesta anualidade conta con 21,75M€ de fondos da institución provincial.

Deste xeito, o Goberno provincial sacou adiante a súa proposta a favor deste programa de investimentos, que inxecta en total máis de 25M€ de fondos públicos no tecido socioeconómico da provincia, tendo en conta as achegas dos concellos, que superan os 2,5M€.

Destacou o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, que é o cuarto ano consecutivo que esta ferramenta se aproba no primeiro trimestre do ano, permitindo así aos concellos “planificar as súas accións, traballar con máis previsión, aproveitar mellor os recursos e dar unha resposta máis áxil aos veciños e veciñas”. Tamén animou á Xunta de Galicia a poñer en marcha “unha ferramenta similar para garantir a equidade no reparto dos fondos públicos e evitar usos partidistas dos mesmos.

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno,  explicou que con este instrumento de cooperación a Deputación garante a distribución dos recursos públicos entre os 67 concellos da provincia “con criterios públicos e obxectivos”, e que os concellos presentaron as súas propostas para investir estes fondos da institución provincial aos diferentes programas: investimentos; Servizo de Axuda no Fogar (SAF); reforzo do emprego; actividades culturais; actividades deportivas; actuacións e eventos turísticos; feiras e mercados; administración electrónica e protección de datos; e protección civil.

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...