Homesociedade29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

O Concello do Incio levará a cabo nas vindeiras semanas a rehabilitación e acondicionamento do lavadoiro do núcleo de Hospital. A Xunta, a través de Turismo de Galicia, concede a esta actuación 29.469 euros no marco das axudas a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso o lavadoiro de Hospital, que se atopa no núcleo rural do mesmo nome, a escasos metros da igrexa de San Pedro Fiz de Hospital: Igrexa románica de finais do século XII, declarada Ben de Interese Cultural.

As obras van consistir na rehabilitación do lavadoiro e o acondicionamento da contorna, coa pavimentación do acceso ao mesmo e a integración do lavadoiro no espazo público do núcleo.

A intervención vaise centrar na rehabilitación do lavadoiro, repoñendo a cuberta de madeira de castiñeiro e lousa reparando os muros, acondicionamento da contorna e o acceso á mesma para favorecer a súa funcionalidade e integración na vida do propio núcleo. O prazo de execución dos traballos será de tres meses.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...