HomesociedadeConferencia premium e felicitación do Alcalde polos 40 anos do IES A...

Conferencia premium e felicitación do Alcalde polos 40 anos do IES A Pinguela

O prestixioso Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética, abriu os actos de aniversario do centro monfortino o pasado 26 de abril. Pola tarde, entre outras intervencións, destacou a felicitación do Alcalde de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O primeiro dos actos que celebrou o IES A Pinguela para conmemorar os 40 anos de existencia foi unha conferencia maxistral sobre o Proxecto Xenoma Galego e outras grandes historias de xenética que ofreceu o Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética Ángel Carracedo. Foi dirixida ao alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato con Bioloxía do instituto.

Segundo explicaba o director, Enrique Sampil, “coma tantas outras veces que o doctor Carracedo nos leva visitado, os alumnos preguntáronlle ao ilustre científico sobre o alcance dos descubrimentos que se están a facer desde o Grupo de Medicina Xenómica, a Fundación Galega de Medicina Xenómica e polo Centro Nacional de Genotipado que dirixe”.

Aula e público asistente co conferenciante, Ángel Carracedo, tras a charla do 40 Aniversario. Foto: IES A Pinguela.
FELICITACIÓN DO ALCALDE DE MONFORTE

Entre outras autoridades que asistiron aos actos –alcaldes de concellos veciños a Monforte, representantes da Xunta de Galicia, e representantes da oposición na corporación municipal monfortina– estivo o Alcalde que puxo en valor os corenta anos de historia do IES A Pinguela, no que se formaron máis de 7.000 estudantes.

Na súa felicitación, o rexedor monfortino incluíu a todos os docentes, persoal administrativo e laboral que traballaron e traballan ao longo dos 40 anos de historia deste centro educativo. E tamén resaltou a labor dos diferentes directores que pasaron polo centro: Manuel Balea, Joaquín Trujillo, José Ramón Casanova e o actual director, Enrique Sampil, que leva na dirección dende o ano 2000.

O Alcalde tamén avogou pola necesidade dun “sistema educativo dotado de recursos suficientes, que motive ós profesores e que garanta que os alumnos e as alumnas teñen dereito a unha educación universal e de calidade con independencia do lugar no que vivan ou dos recursos que teñan as súas familias”. Neste senso, afirmou que “o IES A Pinguela cumpre con ese fin educativo primordial… e así o leva facendo ó longo de 40 anos” e rematou cun desexo “que siga facendo o mesmo papel no futuro, onde ten que seguir xogando un papel moi importante”.

Salón de Actos do IES da Pinguela coa comunidade educativa do centro e autoridades. Foto: Prensa do Concello de Monforte.
INTERVENCIÓN DO DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou tamén no acto institucional de celebración e destacou a traxectoria do instituto, que foi medrando e adaptándose aos distintos modelos educativos ata converterse, a día de hoxe, “nun referente para a comarca”; ao respecto, apuntou que “o impulso á Formación Profesional apuntalou a proposta do centro como unha das de maior variedade e calidade da contorna”.

Na mesma liña, lembrou a ampliación levada a cabo pola Xunta no 2021 para dar resposta ás necesidades de espazo dos ciclos formativos, e afirmou que o Goberno galego seguirá traballando “para que dispoña das mellores instalacións e dotacións, acorde co alto nivel da aprendizaxe que se imparte”.

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...