HomeMedio ambiente e PatrimonioUnha louseira pretende explotar unha mina en Quiroga cunha zona da concesión...

Unha louseira pretende explotar unha mina en Quiroga cunha zona da concesión en Rede Natura durante 30 anos máis

O proxecto detalla que os labores mineiros "localízanse fóra das áreas Rede Natura 2000", pero "si existe unha superficie ao norte" da concesión nun espazo protexido como zona de especial conservación (ZEC) denominado Ancares-O Courel, incluído en Rede Natura.

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

Diario Oficial de Galicia (DOG) informa este mércores de que se abre un período dun mes para presentar alegacións ao proxecto de explotación e plan de restauración da empresa Lousas de Villarbacú para continuar durante 30 anos máis dunha mina entre os municipios Quiroga e Folgoso do Courel.

O proxecto detalla que os labores mineiros “localízanse fóra das áreas Rede Natura 2000”, pero “si existe unha superficie ao norte” da concesión nun espazo protexido como zona de especial conservación (ZEC) denominado Ancares-O Courel, incluído en Rede Natura. Asegura que “este aspecto se terá en conta á hora de determinar as medidas de protección que garantan a preservación dos seus valores naturais”.

Ademais, toda a concesión mineira, denominada A Ilusión, atópase incluída dentro da superficie do xeoparque Montañas do Courel. Esta mina ao descuberto leva en activo desde hai décadas en Pacios da Serra. Agora, Lousas de Villarbacú (con domicilio social no Barco) solicita unha prórroga da concesión “sobre os terreos xa ocupados”, “sen que sexa necesaria a ocupación de novas leiras da contorna”.

Así, calcúlase un orzamento de explotación de 15,6 millóns durante 30 anos, ao que hai que sumar uns 200.000 euros para o plan de restauración. Estima a produción dunhas 77.000 toneladas de lousa durante 30 anos. No tocante á restauración, realizarase a partir do quinto ano de maneira anual, con cuestións como arranxo de noiros e hidrosembras. Calcúlase que a terra vexetal retirada e amoreada durante toda a explotación ascenderá a un total de 62.000 metros cúbicos.

ÚLTIMAS

A mostra expandida “Un cadro nun lugar” amosa en empresas e institucións da Ribeira Sacra a pintura de Manuel Jorge

A mostra expandida, "Un cadro nun lugar", implica a cesión en déposito de cadros...

Concentración o 28 de outubro ás 12:00 diante do Hospital de Monforte

Os nacionalistas demandan que se dote de persoal e medios humanos suficientes o centro...

O BNG de Quiroga anima as redes sociais co concurso “Celebrando a Castelao”

O BNG de Quiroga, continuando coa celebración do 75 cabodano do falecemento de Castelao,...

Esperta Monforte leva a pleno traballar cara unha “cidade 30”

O límite de velocidade de 30Km/h, nas rúas dun carril por sentido de circulación...