HomePolíticaO BNG reclama no Parlamento restablecer con urxencia o servizo de atención...

O BNG reclama no Parlamento restablecer con urxencia o servizo de atención psiquiátrica en Monforte

O deputado do BNG, Iago Suárez denunciou no Parlamento o "deterioro extremadamente preocupante" que está a sufrir o Hospital Comarcal de Monforte nos últimos anos pola "alarmante falta de especialistas en servizos como o de psiquiatría, que nin sequera se presta nestes momentos porque non hai profesionais".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado de Chantada, que esta mesma semana defendeu no Pleno unha iniciativa para reclamar recursos que permitan atender os problemas de saúde mental da mocidade galega,  advertiu que o de psiquiatría é un servizo de “extrema necesidade” , máis aínda -subliñou- tendo en conta que Galiza ten a segunda taxa de suicidio máis alta do Estado ou que, segundo os datos do Imelga, cada día unha persoa decide quitarse a vida. “Estamos a falar da gran pandemia deste século”, agregou o deputado nacionalista, que destacou tamén que o 30 % das consultas de Atención Primaria están relacionadas coa saúde mental.

Advertiu, no mesmo sentido, que as persoas que padecen trastornos mentais de especial gravidade, como esquizofrenias ou trastornos bipolares, que recibían tratamento ata o de agora en Monforte, “poden verse seriamente afectados pola falta de revisións psiquiátricas”. “Non dispor de ningún psiquiatra de referencia fai máis complicada a prevención de descompensacións psiquiátricas e pode provocar empeoramento dos síntomas nos pacientes con este tipo de doenzas”, apúntase na iniciativa que defendeu Iago Suárez e que foi rexeitada polo PP.   

Unha iniciativa na que tamén se instaba á Xunta do PP a suplir a falta de especialistas no hospital comarcal de Monforte, no que, segundo expuxo Suárez, “faltan dúas hematólogas, non hai especialista de dixestivo, tampouco de rehabilitación, seguimos sen ter tampouco especialista en neuroloxía, non hai cardiólogo e faltas dúas pediatras”.

O terceiro punto da moción reclamaba “aliviar con celeridade as listas de espera que se viven no hospital”, unha cuestión á que o BNG non renunciou, tal e como pedía o PP nunha emenda “na que si recoñece que no Hospital Comarcal de Monforte non hai psiquiatra nestes momentos, a pesar de ter acusado ao deputado nacionalista de mentir sobre esta cuestión no Pleno desta semana”.   

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...