HomesociedadeO Xeoparque Montañas do Courel ofrece un posto de traballo

O Xeoparque Montañas do Courel ofrece un posto de traballo

Vén de iniciar un proceso aberto para a contratación dun/dunha titulado/a superior, rematando o 4 de xuño o prazo para presentar solicitudes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel busca persoal propio asalariado, un desexo que vén de vello e que non se puido materializar ata o de agora.

A noticia chegou estes días coa publicación en redes sociais e nos taboleiros dos concellos do Xeoparque, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga, do anuncio dun proceso aberto para a contratación dun titulado superior, do ámbito das ciencias, que terá a súa base de traballo no Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana (CIMAR) de Ribas de Sil, pero que tamén se poderá desprazar ao Museo Xeolóxico de Quiroga, o das covas de Meiraos ou a Estación Científica de Seoane.

O traballador ou traballadora terá entre as súas funcións o desenvolvemento de actividades divulgativas, promocionais e turísticas; colaboración coa xestión do Xeoparque, elaborando informes e memorias; desenvolver programas educativos, recursos e contidos para a web, redes sociais e medios de comunicación; participar en proxectos nos que tome parte Montañas do Courel e asistencia a programas científicos, xuntanzas e visitas insitucionais ao Xeoparque.

As solicitudes só se poden presentar por vía electrónica e no enderezo electrónico seguinte: info@ribeirasacracourel.es incluíndo o Currículum Vitae, carta de motivación, e copia da
documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos básicos e dos méritos específicos sobre a súa formación e experiencia. O prazo para presentación de solicitudes remata ás 23:59 horas do vindeiro martes 4 de xuño.

O contrato é indefinido e o salario situarase de inicio nos 32.000 euros brutos ao ano.

Para coñecer todos os detalles pódese acceder ás BASES completas da convocatoria.

VISITA A SILLEDA

Con motivo da Semana Verde de Galicia, e concretamente do Turexpo Galicia 2024 en Silleda, veciñas e veciños do Xeoparque Montañas do Courel estiveron este venres 31 de maio visitando o recinto expositivo. Foi unha excursión organizada polo Xeoparque Montañas do Courel en colaboración cos concellos integrantes.

Foto nos stands dos concellos do Xeoparque. Foto: Xeoparque Montañas do Courel.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...