Homesociedade300.000€ para mellorar dúas estradas provinciais no Saviñao

300.000€ para mellorar dúas estradas provinciais no Saviñao

Aprobouse tamén este venres a adxudicación por medio millón de euros das tarefas de desbroce de estradas en 8 concellos. En concreto, adxudicáronse 4 lotes do contrato, que son os que afectan aos concellos de Muras, Xermade, Vilalba, Lugo, Guntín, Friol, Taboada e O Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación por un importe que supera os 300.000 euros das obras que se van realizar en dúas estradas do concello do Saviñao.

Adxudicáronse con preto de 230.000€ os traballos de acondicionamento do firme LU-P-3202, a vía que comunica Monforte con Currelos. Esta actuación realizarase no treito que vai do punto quilométrico 11,067 ao 24,436. As obras terán un prazo de execución de algo máis de 3 meses e consistirán na apertura das cunetas, a reparación do firme e a repavimentación. Este novo investimento completa aos outros tres proxectos acometidos pola institución nesta estrada, por unha cantidade total de preto de 600.000€.

No Saviñao a Xunta de Goberno tamén adxudicou por preto de 80.000 euros á empresa Fevisa Vías e Obras SL as obras de repavimentación na LU-P-5804, que vai a Ereixafeita por Cazón. O prazo de execución destes traballos é dun mes e inclúen o acondicionamento de 500 m2 de superficie mediante un dobre tratamento superficial.

Por outra banda aprobouse tamén a adxudicación das tarefas de desbroce de estradas en 8 concellos, entre os que están Taboada e O Saviñao. E déuselle o visto bo ás solicitudes dos concellos de Sarria e A Pobra do Brollón para investir remanentes do Plan Único do ano 2023 en novas actuacións. Sarria empregará máis de 34.000 euros para a rexeneración de tres estradas no municipio que dan acceso á Escola de Loureiro, Betote de Abaixo polo Piñeiro, San Miguel de Vilapedre e Feculera. Por último, A Pobra do Brollón utilizará preto de 7.000 euros para a humanización da rúa da Igrexa e a Praza da aldea de Rairos, en Cereixa, e outros 514 euros para a dixitalización dos sistemas de abastecemento de augas nesta mesma parroquia

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...