HomeTerra de LemossanidadeSistemas de aire acondicionado no centro de saúde de Quiroga, reclama CSIF

Sistemas de aire acondicionado no centro de saúde de Quiroga, reclama CSIF

CSIF lembra que no val de Quiroga alcánzanse as temperaturas máis extremas do verán, polo que a falta de aire provoca estrés térmico en traballadores e pacientes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) reclama á dirección de Atención Primaria da área sanitaria de Lugo-Monforte que dote de aire acondicionado ao centro de saúde de Quiroga, pois carece deste equipamento, o que dificulta seriamente o desenvolvemento da actividade laboral dos profesionais e tamén prexudica aos pacientes que teñen que acudir a unha cita médica.

CSIF Sanidade Monforte remitiu un escrito ao órgano competente para que redacte un informe no que se recolla a situación de estrés térmico denunciada, que avale a urxencia de instalar o sistema de aire en todo o centro de saúde de Quiroga.

Desde a Central Sindical, lembran que “falamos dun centro situado nun dos vales da conca do Sil, onde se alcanzan as temperaturas máis extremas do verán, que mesmo superan moitos días os 40 graos, o que repercute directamente nunhas temperaturas inasumibles no interior das consultas”.

Para CSIF, non é de recibo que a estas alturas, coñecedores desta realidade, a dirección non adoptase medidas a iniciativa propia, de aí a reclamación urxente realizada polo sindicato, xa que ese estrés témico pode provocar importantes danos na saúde dos traballadores sanitarios. A demanda sostense tamén nos graves danos que se poden dar na saúde dos propios pacientes, “que acoden ao médico porque se atopan mal e atópanse cunha temperatura ambiente tan elevada que vai provocarlles aínda máis malestar ou mesmo empeoramento da súa doenza”

ÚLTIMAS

Formación sobre plantas aromáticas no Incio coa cooperativa Milhulloa

O Incio acolleu esta fin de semana unha xornada sobre o cultivo de plantas...

Ameijide lamenta “o dano que a Deputación fai á imaxe da Ribeira Sacra polo mal estado das súas estradas”

Os populares lamentan que coa campaña de verán inciada estean sen desbrozar as estradas...

Homenaxe ao guerrilleiro monfortino, Ramón Yáñez Pereira, o 14 de xullo en Celanova, mentres segue a busca de familiares

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e o Comité pola Memoria...

O 17 de xullo comeza a fucionar o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, en colaboración cos concellos, daralle continuidade ao...