HomeEconomía44.000€ investíronse no dique de Río Seco que se vén de inaugurar...

44.000€ investíronse no dique de Río Seco que se vén de inaugurar en Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, inauguraron este venres un dique en Río Seco, dando por finalizadas as obras de reparación do derrubamento do muro de contención que se produciu durante o pasado inverno, á altura da pasarela peonil de Río Seco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde explicou que debido a que para o Concello non era fácil poder acometer as obras, e dada a urxencia da reparación, solicitouse a colaboración á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, “á cal o presidente foi sensible, porque era necesario solventar un problema que podería seguir estendéndose á rúa”.

José Tomé salientou e agradeceu ó presidente da Confederación, “a rapidez coa que se actuou”, xa que ademais, explicou que a zona na que se sitúa a actual pasarela peonil será por onde pasará a nova ponte que se construirá na nova urbanización, dentro do proxecto de eliminación dos pasos a nivel de Río Seco e Juan Montes”.

Esta nova ponte conectará todo o barrio de Río Seco coa rotonda que pase por debaixo da vía,  “de aí, a importancia de que esta nova escollera estivera feita e solvente para que aguante para o futuro o paso de vehículos por esta zona, unha zona que será un punto neurálxico e estratéxico unha vez finalizadas as mencionadas obras de supresión dos dous pasos a nivel”, explicou o Alcalde.

O Presidente da CH do Miño-Sil indicou que a obra tivo unha duración de 5 semanas, e contou cun investimento de 44.000€.

A obra consistiu na reconstrución do dique nesta zona, ó longo de 20 metros de lonxitude, con 3,5 metros de altura. Instalouse unha manta que contén sementes de céspede, para evitar que as terras se despracen unha vez creza dito céspede. Coa obra estabilízase esta zona de ribeira de maneira definitiva e mellórase a capacidade de desaugue do regato.

O presidente tamén incidiu na premura levada a cabo no que se refire á execución das obras, “sendo conscientes de que de non facelo así o deterioro ía ir a maiores, e provocar unha inversión moito maior”.

ÚLTIMAS

XXXVI Festa da Castaña do Courel

En tempo de magostos, a Festa da Castaña do Courel é xa un referente...

Ata o 21 de novembro pódense solicitar axudas á creación de empresas en Monforte

As solicitudes poderán presentarse ata oi 21 de novembro, mediante modelo normalizado, no Rexistro...

“Pura”, curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro en Quiroga

A curta, dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que volve á...

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra entrega este 8 de novembro os seus premios

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 11 anos de traxectoria impulsando...