HomesociedadeImpulso das razas autóctonas para coidar o territorio e previr os incendios

Impulso das razas autóctonas para coidar o territorio e previr os incendios

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, realizou este venres unha visita á explotación de vacún de carne “Mario Nogueira”, no concello de Quiroga, onde comprometeu un impulso ás razas autóctonas, que se presentan como unha oportunidade para coidar o territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

María José Gómez afirmou na súa visita a Quiroga, que a Consellería do Medio Rural seguirá a traballar neste eido, apostando pola gandaría, “que é un claro aliado da conservación e coidado do territorio” e por conservar e protexer as razas autóctonas galegas.  

Neste sentido, sinalou o “impacto positivo” que teñen sobre o terreo este tipo de explotacións nas que “os animais aproveitan os pastos, limpan e enriquecen os nosos montes” favorecendo un rural coidado e produtivo que actúa como “cortalume natural”, destacou.

Nesta liña, cómpre lembrar a aposta do Goberno autonómico plasmada no Plan preventivo, integrado no Plan de prevención e defensa contra os incendios Forestais de Galicia (Pladiga), dotado cun orzamento de máis de 41 millóns de euros, e que contempla a xestión de 5.000 hectáreas a través da gandaría en extensivo como alternativa ao uso de maquinaria.

Mario Nogueira é unha explotación de reprodución para a produción de carne con máis de 200 cabezas de gando, na que a meirande parte dos animais son vacas cachenas, unha das seis razas autóctonas orixinarias da nosa comunidade. Trátase dunha gandaría que produce á vez que fomenta a preservación da biodiversidade a través da aposta por estas razas.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...