HomeMedio ambiente e PatrimonioQueima das Fachas de Castelo, en Taboada, este 7 de setembro

Queima das Fachas de Castelo, en Taboada, este 7 de setembro

A queima das fachas, ao redor dunha trintena, faise no castro de Castelo, no Concello de Taboada. A Asociación Cultural As Fachas revitalizou e mantén viva esta festa tradicional con lume na que participan boa parte das casas da parroquia, que se encargan de facer as fachas cun pé de madeira e agucios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada de Cultura, Iria Castro, participou na presentación da Queima das Fachas de Castelo, en Taboada, que se celebra esta fin de semana, na noite do 7 ao 8 de setembro coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.

Iria Castro remarcou “a importancia da implicación da veciñanza para dar continuidade a esta tradición e manter o patrimonio inmaterial e material que conforman a nosa identidade” e sinalou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co tecido asociativo que desenvolve un papel fundamental na dinamización cultural e social das parroquias”.

No acto, ademais da deputado provincial, participaron o presidente da asociación, Manuel Fidalgo, o alcalde de Taboada, Roi Rigueira, o concelleiro de Cultura de Taboada, Manuel Diéguez, e Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo.

Arias destacou que o Goberno galego renova un ano máis o seu apoio a esta cita a través das axudas a concellos para potenciar as Festas de Interese Turístico de Galicia. Deste xeito, a Xunta colabora cos gastos de organización, difusión e promoción das actividades.

A Queima das Fachas de Castelo, declarada Ben de Interese Cultural e Festa de Interese Turístico , é unha das tres festas do lume que se conservan en Galicia, xunto a de Vilelos, no Saviñao, e a de Castro Caldelas. A Asociación Cultural As Fachas participa en xornadas e outras iniciativas de difusión e estudos das festas do lume na Península.

web asociación As Fachas

ÚLTIMAS

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, na parroquia de Montefurado, celebra a súa ‘X Xornada Castañeira’ este 31 de outubro

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, entidade afincada na aldea dos Anguieiros, na parroquia...

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...