HomesociedadeA Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de...

A Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil, Premio á Excelencia de Turismo e Gastronomía da Deputación

Dúas feiras, unha proba deportiva e dous espazos de interese recibirán os Premios á Excelencia de Turismo e Gastronomía da Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Provincial de Turismo vén de fallar os sextos Premios á Excelencia de Turismo nas categorías de Lugo Cambia ao Turismo Lucense, e, …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense, e ao Turismo Sostible. Uns premios instaurados por este órgano participativo e consultivo que creou a institución provincial.

Na categoría Lugo Cambia ao Turismo Lucense o xurado dinstinguiu A Ruta dos Lobos da Fonsagrada e a Mina Consuelo e Boulloso da Pontenova; na de …E para comer, Lugo á gastronomía lucense premiouse á Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil, e a Feira do Capón de Vilalba; e na de Turismo Sostible cun único premio foi concedido ao Barco Museo Reina del Carmen de Burela, e outorgouse un accésit á Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU).

“Estes galardóns, instaurados por este órgano participativo e consultivo que creou a institución provincial, representan un merecido recoñecemento ao traballo e á traxectoria exemplar de empresas, persoas, institucións ou entidades no ámbito do turismo e a gastronomía da provincia”, explicou Pilar García Porto, Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo.

A decisión adoptada polo Consello Provincial de Turismo debe ser agora aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, como órgano competente para a resolución da convocatoria dos distintivos, e posteriormente publicarase no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Os premiados recibirán a súa distinción nun acto que celebrará a institución provincial o vindeiro 27 de setembro, con motivo do Día Mundial do Turismo.

O xurado estivo formado por 18 persoas que forman o Consello de Turismo, vinculadas a este sector e coa presenza de representantes dos tres grupos políticos da Corporación provincial.

Na categoría …E para comer, Lugo á gastronomía lucense, o Concello de Ribas de Sil recibe este galardón pola súa Festa da Cereixa, do Viño e da Aceite que pon en valor tres produtos de calidade da gastronomía da provincia. Hai xa 22 anos que o Concello de Ribas de Sil decidiu que era preciso poñer en valor un produto tan singular como é a cereixa, que fai que madure antes que en moitas outras zonas.

A Vicepresidenta do Consello de Turismo destacou a “calidade e o nivel” das candidaturas presentadas, e destacou que son un claro exemplo do modelo de turismo polo que aposta a institución provincial como factor de desenvolvemento social e económico do rural, “un modelo sostible e de calidade, que aproveita o potencial do noso territorio, tanto histórico e medioambiental, como cultural ou gastronómico”.

ÚLTIMAS

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...

21 de decembro de Petiscos de Nadal en Taboada

A ACIMTA, Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada vén desenvolvendo no...