HomesociedadeA Deputación entrega os premios ás mellores iniciativas turísticas

A Deputación entrega os premios ás mellores iniciativas turísticas

Na categoría...E para comer, Lugo á gastronomía lucense premiouse a Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil, e a Feira do Capón de Vilalba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo e Presidente do Consello Provincial de Turismo, José Tomé Roca, presidiu no Día Mundial do Turismo, o acto de entrega dos quintos premios á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia. “Todos os premiados sodes unha representación da calidade, da variedade e da riqueza turística e gastronómica de Lugo”, manifestou o mandatario provincial durante o evento.

As entidades premiadas recibiron un diploma e unha peza de cerámica de Gundivós, que acreditan este recoñecemento realizado dende o Consello Provincial de Turismo, un órgano consultivo e de participación para favorecer a gobernanza turística da provincia que foi promovido e está presidido pola Deputación de Lugo.

O Presidente da Deputación de Lugo puxo en valor as iniciativas distinguidas coas que “percorremos costa e interior, falamos de  paisaxes e de deporte, de cultura e etnografía; de ocio adaptado para unha pequena escapada ou para viaxar en familia”. Unha variedade, engadiu “da que nos temos que sentir orgullosos e que debe motivarnos a todos e a todas para seguir traballando”. A este respecto asegurou que a Deputación seguirá impulsando estes recoñecementos, “é a mellor receita para loitar contra a masificación é a diversificación, a aposta por dar a coñecer destinos novos, polo turismo de familia, vinculada ao deporte ou adaptado a todas as idades”.

Na categoría Lugo Cambia ao turismo lucense, distinguíronse dous proxectos turísticos: A Ruta dos Lobos da Fonsagrada e A Mina Consuelo e Boulloso impulsada polo Concello da Pontenova.

Polo que respecta á categoría …E para comer, Lugo á gastronomía lucense, o Concello de Ribas de Sil recibe este galardón pola súa Festa da Cereixa, do Viño e da Aceite que pon en valor tres produtos de calidade da gastronomía da provincia. Hai xa 22 anos que o Concello de Ribas de Sil decidiu que era preciso poñer en valor un produto tan singular como é a cereixa, que fai que madure antes que en moitas outras zonas. Tamén nesta categoría foi galardoada a Feira do Capón de Vilalba.

Por último, na categoría de Turismo Sostible resultou gañador o Barco Museo Reina do Carmen de Burela por dar a coñecer e conservar o patrimonio etnográfico relacionado coas xentes do mar. O Consello de Turismo tamén decidiu outorgar na categoría Turismo Sostible un accésit á Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu). 

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...