HomeCulturaA olería de Gundivós na III edición da FOLT

A olería de Gundivós na III edición da FOLT

Por terceiro ano consecutivo a capital da provincia celebra a Feira de Olería "Tradicional Lugo" que reúne na cidade unha ampla mostra de tradicións oleiras de todo o Estado. Pezas de Gundivós (Lugo), Niñodaguia e Tiroia (Ourense), Buño (A Coruña), Badajoz, Cáceres, Córdoba, Jaén, León, Toledo ou Zamora dan cor á contorna da Praza de Abastos, onde os expositores amosan e venden os seus produtos ata o domingo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A feira permitirá ollar e mercar pezas representativas de tradicións oleiras de Niñodaguia e Tiroia (Ourense), Gundivós (Lugo), Buño (A Coruña), Badajoz, Cáceres, Córdoba, Jaén, León, Toledo ou Zamora.

Ademais do carácter comercial, FOLT é unha feira cun compoñente cultural diferenciador, con pezas tradicionais destinadas ao lume, ao coidado dos animais, á almacenaxe do grao e do viño, á proteción da casa, incluso ao nacemento e á morte dos habitantes de cada lugar da xeografía española.

Así, as pezas que adornan a Praza de Santo Domingo ata este domingo pola tarde constitúen un documento que describe as formas de vida en tempos en que o barro era un valioso recurso de supervivencia.

A concelleira, Cristina López, destacou “o éxito de vendas e visitantes das pasadas edicións da feira, que consolidamos como unha das máis importante do Estado neste ámbito” e destacou “o valor cultural da olería que se reúne nesta mostra, que se suma á ampla programación do San Froilán”.

Os deputados, Efrén Castro e Iria Castro destacaron que “a feira pon a tradición oleira galego no contexto estatal e  incide na labor de promoción e posta en valor da artesanía que se leva a cabo desde o Centro de Artesanía e Deseño e desde a área de Cultura”.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...