HomesociedadeA A.V. do Saviñao reclama marquesiñas nas paradas de autobús de Escairón

A A.V. do Saviñao reclama marquesiñas nas paradas de autobús de Escairón

Segundo a asociación veciñal do Saviñao é habitual ver unha importante cantidade de veciños e veciñas que se resgardan da chuvia e do vento baixo dos beirados das casas do cruce de Escairón, mentres esperan o transporte público con dirección a Monforte ou a Chantada e Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Asegura a asociación veciñal que a situación agrávase nos meses de inverno, cando moitos estudantes deben desprazarse no coche de liña para acudir aos centros educativos. Esta situación contrasta coa que se observa nas parroquias ou noutros barrios de Escairón, onde hai marquesiñas, construídas no seu momento polo Obradoiro, que sinalizan as paradas e protexen as persoas que usan o trasporte escolar e público.

“É chamativo que a capitalidade municipal, sendo o punto máis poboado, careza deste servizo tan necesario”, apuntan desde a asociación, que despois das queixas recibidas pola situación, solicita ao concello, a colocación de tres marquesiñas que protexan das inclemencias metereolóxicas nas paradas dos autobuses nos seguintes puntos:

  1. Dúas na rúa Pardo Bazán: unha entre os números 1 e 3, onde fai parada o transporte que vai cara a Monforte; e outra na beirarúa de enfronte, entre os números 2 e 4 onde para a liña con dirección Chantada e Santiago.
  2. Unha na rúa Xosé Portela, entre os números 4 e 6, onde fai parada a liña que cubre o servizo Currelos-Escairón-Ferreira-Monforte.

“É importante puntualizar que estas marquesiñas teñen un tamaño pequeno, non maior co dun coche, polo que non deben supor un obstáculo”, polo que esperan solucións ante esta demanda.

ÚLTIMAS

A UNED Sénior de Monforte ten prazo de matrícula aberto para dous novos cursos

O primeiro dos cursos, "Unha aproximación ao patrimonio histórico-artístico na Ribeira Sacra: máis alá...

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...