HomeCulturaXurxo Souto e o colectivo Lagháchema animarán unha nova Foliada na Pobra...

Xurxo Souto e o colectivo Lagháchema animarán unha nova Foliada na Pobra do Brollón

Será este sábado 26 de outubro no local social da parroquia de Piño e comezará ás 20:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As Foliadas Guímaras, unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón en colaboración coas asociacións veciñais das parroquias, están a dinamizar o rural descentralizando a programación cultural e fomentando a tradición musical do municipio.

Este sábado 26 celébrase unha nova edición no local social da parroquia de Piño ás 20:00 horas. Primeiro está programada unha presentación literaria, e despois do caldo comunitario haberá unha foliada.

PRESENTACIÓN LITERARIA E FOLIADA

Xurxo Souto, escritor, narrador e músico, presentará o seu novo libro, Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta (Xerais, 2024). Na obra, Souto defende a relación entre poesía e música ao longo da historia ademais de rescatar importantes figuras da música popular.

Tras a presentación, e antes de dar paso á foliada, a Asociación veciñal de Piño ofrecerá un caldo comunitario, para o que dende a organización instan aos asistentes a levar cunca e culler. 

A partir das 22:00 h. comezará a Foliada Guímara que contará coa presenza de Lagháchema, un grupo de cantadoras e tocadoras radicadas en Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...