HomeSucesosAcepta a condena de ano e medio de prisión pola morte de...

Acepta a condena de ano e medio de prisión pola morte de dous motoristas nun accidente

Publicado o

- Advertisement -

Un home aceptou este venres unha condena de ano e medio de prisión por causar en 2019 un accidente de tráfico en Monforte no que resultaron falecidos dous motoristas.

O xuízo, sinalado para este venres no Penal 1 de Lugo, non chegou a celebrarse, dado que as partes chegaron a un acordo de conformidade polo que o acusado recoñeceu os feitos e aceptou unha rebaixa na condena.

Fiscalía pedía inicialmente tres anos de prisión por estes feitos, que finalmente quedarán nun e medio. Tanto o Ministerio Público como a acusación particular e a defensa mostráronse conformes á pena, coa que o condutor recoñece os feitos.

O acordo inclúe a suspensión da entrada en prisión do procesado se non delinque de novo nun período de dous anos. Ademais, seralle retirado o carné de conducir durante dous anos e medio, o que implica a súa perda definitiva.

O accidente tivo lugar o 16 de agosto de 2019, cando o acusado invadiu o carril contrario de circulación para facer unha manobra sen decatarse de que por el circulaba unha moto con dous ocupantes, que faleceron.

ÚLTIMAS

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das...

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...