HomesociedadePacto Fronte Eólicos asegura ter detectado prácticas que comprometen a integridade do...

Pacto Fronte Eólicos asegura ter detectado prácticas que comprometen a integridade do cargo público de alcalde dun concello

Desde Pacto Fronte Eólicos afirman que hai alcaldes de concellos que están a realizar traballos de mediación para a concesión de contratos de cesión de uso de parcelas rústicas para a instalación de proxectos eólicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A plataforma refírese a reunións realizadas no despacho do concello en cuestión co responsable da consultora, “primeiro interesado na realización dos devanditos proxectos, xunto co alcalde do concello, interesado tamén segundo as frases de ánimo á firma que realiza, e da/s persoa/s propietarias das devanditas parcelas”.

Pacto Fronte a Eólicos lembra que a Ribeira Sacra acaba de ser apoiada como candidata a Patrimonio da Humanidade (promovida pola Conselleria de Cultura de Xunta de Galicia) polo Delegado do Goberno en Galicia e polo embaixador de España ante a Unesco a quen aseguran que remitirán a información da que dispoñen con datas e lugares para estes encontros.

Manifestan o seu descardo coa realización deste tipo de proxectos polo impacto negativo sobre a biodiversidade protexida de Ribeira Sacra, patrimonio, arqueoloxía, cultura, viticultura e modo de vida. Denuncian tamén públicamente “calquera tipo de intervención interesada, pouco ética e inapropiada dun cargo público para estes fins, menos aínda cando desde todas as institucións preténdese potenciar a candidatura desta zona pola súa riqueza paisaxística”.

A este respecto rogan a intervención das persoas que, “dedicándose a cargos públicos relacionados coa Xunta de Galicia, Delegación do Goberno, representantes de Unesco, responsbles de Cultura, Patrimonio e Mundo Rural que con boa disposición poñan fin a todo este proceso e eviten futuros que se poidan replicar”.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...