Homesociedade"A Embelesadora", nova ruta sensorial no Concello de Taboada

“A Embelesadora”, nova ruta sensorial no Concello de Taboada

Trátase dunha iniciativa cofinanciada polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, a Secretaría de Estado de Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia, ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Embelesadora preséntase como unha ruta sensorial na que sobre todo importa contemplar, ulir, tocar, saborear e escoitar. A ruta transcorre, durante pouco máis de 10 km, a través de pequenas aldeas, soutos, carballeiras e mesmo á beira do río Miño, permitindo ao visitante a oportunidade de percorrer e descubrir os elementos da paisaxe natural e cultural que este concello atesoura.

O seu percorrido é circular, partindo da capela de Vilela (Taboada). Atópase perfectamente sinalizada (máis de 50 elementos de sinalización), a súa duración estimada é dunhas 3 horas e a súa dificultade media.

Activamos unha audioguía na plataforma Izi.travel que propón unha experiencia que convida a gozar do roteiro coa posibilidade de ampliar a información da mesma así como vivir experiencias sensoriais vinculadas.

Ruta A Embelesadora Concello de Taboada / Concello de Taboada

No treito da Embelesadora, o camiñante poderase atopar con paisaxes como viñas esculpidas nas ladeiras do Miño, o afamado Castro Candaz (sempre que o nivel do río o permita) ou diferentes mostras de esgrafiados.

“Percorrela ao ritmo e xeito que cadaquén estime é, ben seguro, unha boa e sinxela fórmula que osixena e revitaliza; un convite a deixarse sandar pola natureza dun xeito calmo e ledo; a gozar do agarimo e tenrura das persoas; reaprendendo xuntas da riqueza dos camiños, os de ida e os de volta”, explican desde o Consorcio de Turismo.

Ruta A Embelesadora Concello de Taboada / Concello de Taboada

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...