HomeCulturaExposición e obradoiro de ilustración en Sober

Exposición e obradoiro de ilustración en Sober

A catalana Estefanía Padullés inaugurará unha exposición con debuxos orixinais seus e aproveitará tamén para ensinar a facer un álbum ilustrado.

Publicado o

- Advertisement -

O ciclo de animación á lectura “Merendas con Contos” que organiza o concello de Sober os venres na Biblioteca Municipal acollen o día 14 a partir das 18:00 h. unha exposición e un obradoiro a cargo de Estefanía Padullés.

A exposición preséntase baixo o título de “El deseo del gato Klops” e está composta polos 16 orixinais que forman este álbum editado por Hércules Ediciones en 2015. As ilustracións irán acompañadas de texto para que se poida ler toda a historia. E como complemento tamén se exporán bocetos, probas de color e outros elementos a partir dos cales se pode ver e valorar o proceso creativo para conseguir realizar un álbum ilustrado.

A protagonista aproveitará tamén para ofrecer un obradoiro de ilustración no que os participantes coñecerán o proceso creativo dun álbum ilustrado. Aprenderán a crear unha historia inventando o seu propio protagonista, dándolle forma a través do debuxo, escollendo unha ambientación e unha aventura. Estefanía ensinaralles aos pequenos/as a dividir a historia en páxinas compostas por unha ilustración e un texto, e tamén unhas pequeñas nocións de edición e encadernación.

Padullés é orixinaria de Cataluña e o destino tróuxoa xunto coa súa parella a unha aldea de Paradela, lugar onde dende hai uns anos desenvolve o seu oficio de ilustradora adquirido case sen decatarse. Leva xa varios álbumes publicados con Hércules Ediciones e vive feliz en Galicia facendo o que máis lle gusta, “contar ilustrando” historias que buscan reforzar os valores.

As “Merendas con Contos” cada día teñen máis amigos/as, igual que o Facebook institucional do concello que acadou a cifra de 6.000 estes días. Conta xa con máis seguidores no perfil da rede social que veciños/as. As redes sociais son hoxe en día ferramentas case imprescindibles para facer chegar temas de interese a veciños/as e visitantes, e en Sober sábeno. Tan ben lle están funcionando as novas formas de comunicar que o alcalde, Luís Guitián, anunciou que para o ano vindeiro o concello contará con perfil en Instagram.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...