HomesociedadeTransporte adxudica obras de mellora en tramos da N-120 e da N-540

Transporte adxudica obras de mellora en tramos da N-120 e da N-540

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible adxudicou por 13.690.415,53 euros, IVE incluído, un contrato para a conservación e explotación de estradas do Estado na provincia de Lugo. A duración dos traballos será de 3 anos, con posibilidade de prórroga de 2 anos e outra adicional dun máximo de 9 meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible adxudicou por 13.690.415,53 euros, IVE incluído, un contrato para a conservación e explotación de estradas do Estado na provincia de Lugo. A duración dos traballos será de 3 anos, con posibilidade de prórroga de 2 anos e outra adicional dun máximo de 9 meses.

Este contrato inclúe requisitos para promover a eficiencia enerxética e a redución de emisións, e enmárcase no programa deste Ministerio para manter as condicións de circulación, vialidad e seguridade na Rede de Estradas do Estado (RCE), asegurando que sexa accesible nas condicións adecuadas a todos os cidadáns. Recolle actuacións como a vixilancia e atención de accidentes, a vialidad invernal, o servizo de control de túneles e comunicacións ou o mantemento de instalacións.

Este contrato está destinado ao mantemento e conservación de 267,810 km de estradas do sector nº3, incluíndo 46,5 de autovía, e inclúe varios tramos das seguintes estradas:

  • A-54 entre o quilómetro 0 na ligazón con Nadela ata o 38, na ligazón coa N-547.
  • A-56 desde o quilómetro 40,6, en San Martiño ata o 49,1 , na ligazón de Barrela norte.
  • N-540 desde o quilómetro 0, en Lugo, pasando por municipios como Guntín ou Chantada, ata o 68,9, no límite provincial con Ourense.
  • N-540A desde o quilómetro 7,3 ata o 8,3, pola travesía de Calde.
  • N-547 desde o km 18,6 na ligazón coa A-54 á altura de Guntín de Pallares, ata o km 42,6, no límite provincial coa Coruña. Este tramo atravesa o municipio de Palas de Rei.
  • N-640 desde o 122,1 en Vendas de Narón, ata o 144,2, no límite provincial con Pontevedra.
  • N-120 desde o quilómetro 472,8 ao 548,8, atravesando municipios como Quiroga ou Monforte de Lemos.
  • N-120ª do quilómetro 526,5 en Monforte de Lemos ao 531,9 en Ferreira de Pantón; e do 533,6 no límite deste municipio, ao 548,8, no límite provincial con Lugo e Ourense.
  • LU-12 no tramo de acceso a Lugo, desde o km 0 na conexión coa A-54, ao 3,9, na ligazón coa N-540

O modelo de contratos mixtos (servizos e obra) para a execución de operacións de conservación e explotación persegue ofrecer un servizo integral de mobilidade ao usuario, mellorar o estado da estrada e rede, e optimizar os recursos públicos. A través deles realízanse traballos de axuda á vialidade e conservación ordinaria das estradas, para permitir que a infraestrutura e os seus elementos funcionais dispoñan das mellores condicións de circulación e seguridade posibles. Inclúense actuacións como: axenda de información de estado e programación, axuda a explotación e estudos de seguridade viaria, e mantemento dos elementos da estrada con adecuados niveis de calidade.

ÚLTIMAS

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...