HomeCulturaPantón organiza Concurso de Beléns e de Postais de Nadal

Pantón organiza Concurso de Beléns e de Postais de Nadal

A concellaría de Cultura do Concello de Pantón convoca os tradicionais certames de Nadal para os que hai prazo aberto para inscribirse na casa da cultura ata o 20 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Concurso de Postais de Nadal poden participar nenos e nenas do municipio, presentando todas as obras que desexen. As postais teñen que entregarse na casa da cultura de Pantón antes do 20 de decembro. Os premios aos mellores traballos entregaranse durante o Festival de Reis que se celebrará o 5 de xaneiro.

Tamén o 5 de xaneiro coñeceranse os mellores Beléns do Certame de Beléns que está aberto a todas as persoas, familias, parroquias ou asociacións do Concello de Pantón. Neste caso deben de inscribirse antes do 20 de decembro na casa da cultura de Pantón ou chamando aos teléfonos 670329131 ou 982456377.

A Casa da Cultura de Pantón conta ademais ata o 7 de decembro cunha exposición de fotografías. Muiñeiro de Brétemas de Noel Feáns.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...