HomeCulturaA Apalpadora visitou esta semana Ribas de Sil e este mércores chega...

A Apalpadora visitou esta semana Ribas de Sil e este mércores chega a Chantada

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ano máis a presenza de tradicións propias nas datas de Nadal co espectáculo “A apalpadora”, que se representará en 40 localidades ao longo deste mes de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na zona sur da provincia, as visitas da Apalpadora comezaron este martes en Ribas de Sil e este mércores trasladarase ao Auditorio Municipal de Chantada desde as 10:30h.

Trátase dun espectáculo de narración oral e música en directo no que Antía Vázquez – a filla do Apalpador – e o musico André Espiñeira contan ás crianzas  a historia deste personaxe do Nadal, transmitida a través da tradición oral, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán, e revitalizada na última década grazas ao impulso de asociacións e colectivos culturais de todo o país.

A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas. Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia. Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.

O calendario de representacións na metade sur da provincia é o seguinte:

  • Venres, 13 decembro, Escola Infantil Xela Arias. Sarria. 10:00 horas
  • Mércores, 18 decembro, Escola Infantil Galiña Azul. Chantada. 10:00 horas.
  • Xoves, 19 decembro, CEIP Rosalía de Castro. Bóveda. 10.00 horas.
  • Venres, 20 de decembro, CEIP Plurilingüe O Páramo. 12.00 horas.,
  • Sábado, 21 de decembro, Local Veciñal Tuiriz. Pantón. 16:00 horas e Club Fluvial de Monforte. 18:00 horas.
  • Domingo, 29 de decembro, Oficina de Turismo de Carballedo. 18:00 horas e Colexio de Louseiro. Sarria. 20.15 horas.
  • Luns, 30 de decembro, Salón de Actos Cuartel Vello. Taboada. 13:00 horas e Círculo O Saviñao. 17:30 horas.

A deputada, Iria Castro, explica que “se trata dunha programación que poñemos en marcha por quinto edición consecutiva desde a Vicepresidencia da Deputación e que reforzamos este ano, tratando de dar resposta ao interese cada vez maior das asociacións de nais e pais e das asociacións culturais, especialmente de concellos e parroquias rurais que buscan ofrecer propostas de ocio para estas datas”.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...