HomePolíticaRoberto Castro, novo Alcalde de Ribas de Sil

Roberto Castro, novo Alcalde de Ribas de Sil

O pasado venres 13 de decembro tivo lugar o acto de 'toma de posesión' celebrado no Salón de Actos da Casa do Concello de Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Ribas de Sil ten xa oficialmente un novo alcalde tras a renuncia por xubilación do socialista Miguel Sotuela, quen exerceu o cargo nos últimos 27 anos. Trátase de Roberto Castro González, quen ata este momento exercía como concelleiro de diferentes áreas e Tenente de Alcalde.

O acto de toma de posesión tivo lugar nun ateigado Salón de Actos do Concello de Ribas de Sil, lugar no que tamén estiveron presentes outras autoridades como alcaldes, concelleiros, membros do partido e o mesmo Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca.

O mandatario provincial desexoulle ao rexedor sorte e éxitos nesta etapa, na que continuará co proxecto liderado por Miguel Sotuela, afirmando que o fará “firmemente comprometido cos servizos sociais e na súa aposta polo público para dinamizar o seu concello no plano social e no económico”. Referíndose a Sotuela puxo en valor o seu labor nos 27 anos de mandato, tempo que dá boa conta da aceptación da veciñanza e do seu compromiso con Ribas de Sil.

Felicitación do Pte da Deputación de Lugo ao novo Alcalde de Ribas de Sil. Foto: Prensa Deputación de Lugo.

O Presidente expresoulle ao novo Alcalde a súa vontade de manter a relación de colaboración directa e fluída entre a Deputación e o Concello para sacar adiante medidas beneficiosas para os veciños e veciñas de Ribas de Sil.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...