HomeCulturaO libro ‘Diario de Lugo, 1936’ de Ben-Cho-Shey, preséntase este 18 de...

O libro ‘Diario de Lugo, 1936’ de Ben-Cho-Shey, preséntase este 18 de decembro na Pobra do Brollón

A presentación será ás 20:15 na Casa da Cultura 'Olga Novo' a cargo de Xoán Ramiro Cuba, responsable do equipo de investigación, e Brais García Fernández, membro do equipo de investigación e actual responsable do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, 18 de novembro, preséntase na Pobra do Brollón o libro Diario de Lugo, 1936, unha crónica xornalística que relata o primeiro mes do golpe de estado. Un texto inédito ata o pasado mes de novembro, cando foi publicado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O golpe de estado do 1936 colle a Ben-Cho-Shey (Xosé Ramón e Fernández-Oxea) en Lugo, onde traballaba de inspector de primeira ensinanza e era o responsable do Partido Galeguista.

Neses funestos días, deixa escrito nun diario as súas vivencias daqueles momentos tráxicos nos que a súa vida corre un serio perigo. Nas páxinas dese diario narra cunha lucidez extraordinaria os sucesos que se viven na cidade de Lugo e as arrepiantes noticias que lle chegan doutros lugares de Galiza.

Ben-Cho-Shey comeza a redactar a súa crónica o mesmo 18 de xullo ata o 21 de agosto. Fará a finais do 1936 e a inicios de 1937 dous breves apuntamentos a xeito de síntese e epílogo. Estas dúas anotacións suceden xusto antes e despois do seu proceso de depuración, resolto coa suspensión de emprego e o desterro a Estremadura.

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...