HomePolíticaPor Chantada censura o uso particular de computadores pagos con fondos europeos...

Por Chantada censura o uso particular de computadores pagos con fondos europeos polo PP e o PSOE locais

Por Chantada asegura que se ese material debería entregarse á poboación máis vulnerable e que sofre a fenda dixital

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada explica que a Deputación de Lugo entregou micrófonos e cámaras para retransmitir os plenos, demanda que sempre defendeu Por Chantada e que o PP sempre rexeitou, “polo que seguen durmindo no plástico co que foron entregadas, xa que ao alcalde non lle interesa a transparencia ou que se coñeza o contido das sesiós plenarias (aínda que actualmente grávanse desde a nosa candidatura)”.

O ente provincial, con cargo a fondos FEDER tamén entregou 14 computadores portátiles ao Concello de Chantada e algúns de mesa para a Casa da Cultura, “repartíndoos con criterios pouco claros, entregándoos aos traballadores municipais e aos grupos políticos. Entendemos que a finalidade deste material non pode ser privilexiar os concelleiros fronte ao resto da poboación, por iso Por Chantada rexeitou este material e censura que PP e o PSOE o aceptasen”.

Por Chantada solicita á Deputación de Lugo que comprobe “que a totalidade do material se encontra en uso e non aínda embalado, como é o caso do material para gravar os plenos, así como que a súa distribución sexa efectivamente para traballadoras e traballadores municipais e non para concelleiros e concelleiras”. E lembran que os fondos europeos deben destinarse ás verdadeiras necesidades, “reducir a fenda dixital, o que pasa por mellorar a cobertura rural, apoiar a dixitalización do sector primario e evitar que a fenda dixital atinxa con especial virulencia ás familias en situación de vulnerabilidade e ás persoas maiores, así como facilitar os trámites burocráticos das pequenas asociaciós moi afetadas pola obriga de operaren electronicamente coas Administraciós Públicas”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...