HomeEconomíaEste 13 de febreiro preséntase o Plan Director da Agrupación de Empresas...

Este 13 de febreiro preséntase o Plan Director da Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra

O restaurante Don Manuel de Monforte acolle este xoves, 13 de febreiro, ás 20:00h, o acto aberto ao público, para a presentación do Plan Director que guiará á Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra comezaba a constituirse no 2023, parte importante do ano 2024 destinouse á elaboración do Plan Director por parte da Universidade da Coruña; este será o documento que se presente este xoves e que establece as liñas estratéxicas da asociación para os vindeiros anos.

A Agrupación convida a participar no acto deste xoves a todas as empresas e persoas interesadas en coñecer máis desta asociación que pretende impulsar o territorio desde o sector empresarial.

No acto público de presentación do plan intervirán:

  • D. José Pablo Abeal Vázquez, director do Plan Director
  • Dna. María del Mar Martínez Pacheco, vogal da Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra
  • D. Manuel Castro Álvarez, presidente da Asociación de Empresarios de Mos
  • D. Francisco Domínguez Pérez, xerente da Asociación de Empresarios de Mos
  • D. Severino Rodríguez Díaz, secretario da Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra

Previo a este acto, tamén no restaurante Don Manuel, celebrarase Asemblea Xeral da Agrupación que entre outras cuestións abordará o estado de contas, o cambio de forma xurídica da Agrupación a as cuotas d@s asociad@s.

           

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...