HomeEconomíaAta o 25 de abril pódense solicitar as axudas para reconversión da...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para reconversión da viña

No DOGA do 10 de abril publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural, na que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e convócanse para este ano 2025 (código de procedemento MR446A).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 25 de abril. Os viticultores rexistrados na D.O. Ribeira Sacra poderán tramitar as axudas, ata o 23 de abril, na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, sita en R/Comercio 6-8, 1º piso de Monforte de Lemos. Pódese solicitar cita previa chamando ao teléfono 982 41 09 68.

Con estas achegas preténdese aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sostibles e a pegada ambiental deste sector produtivo. Preténdese así diminuír os custos das explotacións e apostar pola súa redimensionamiento ao levar a cabo reaxustes estruturais. Foméntase a adaptación das variedades ás demandas do consumidor, á vez que se preservan as viníferas autóctonas galegas, de menores rendementos e elevada calidade diferenciada, aproveitando a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación no mercado.

Búscase tamén aumentar o grao de profesionalización do sector vitícola galego, poténciase o cambio xeracional e o desenvolvemento ruraI. Son beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras rexistradas no Rexistro Vitícola cuxas viñas destínense á produción de uva para vinificación, cunha superficie máxima subvencionable de 10 hectáreas por persoa viticultora. Estas achegas aplicaranse ás superficies vitícolas onde leven a cabo operacións de replantación de viñas, reconversión varietaI e/o melloras das técnicas de xestión das viñas.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...