HomesociedadeQue a Ribeira Sacra sexa BIC non é obstáculo para a A-76,...

Que a Ribeira Sacra sexa BIC non é obstáculo para a A-76, di a Xunta

O delegado territorial da Xunta en Lugo desminte así ao alcalde de Monforte quen asegura que esta decisión da administración autonómica fai imposible acometer esta infraestrutura.

Publicado o

- Advertisement -

José Manuel Balseiro asegura que a declaración como Ben de Interese Cultural da Ribeira Sacra ou a futura consideración deste espazo como Patrimonio da Humanidade, en nada ten por que afectar á execución da futura autovía A-76 entre Ponferrada e Ourense, en particular, nos treitos lucenses.

A Xunta desminte así, as declaracións do alcalde de Monforte, José Tomé, xustificando o cambio do trazado inicial desta autovía por Chantada e asegurando que a declaración como BIC da Ribeira Sacra facía imposible esta infraestrutura. O delegado asegura que non hai límite legal, nin impedimento para que en espazos declarados como BIC, na súa consideración de paisaxe cultural, poidan executarse melloras nas súas infraestruturas e, en particular, a construción dunha autovía.

“Como é lóxico estúdase o impacto ambiental de calquera actuación, pero a declaración como Ben de Interese Cultural non é ningún obstáculo para que poida executarse esta autovía, tan importante como é para a mellora da comunicación e para vertebrar a Ribeira Sacra”-conclúe o delegado.

ÚLTIMAS

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...