HomePolíticaActo de entrega da 'Medalla e Insignia' aos membros da Corporación Municipal...

Acto de entrega da ‘Medalla e Insignia’ aos membros da Corporación Municipal de Monforte

Foi o pasado luns, 28 de xullo, no Salón de Plenos do Concello de Monforte, e tras a celebración da sesión plenaria que corresponde a este mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na sesión plenaria do pasado luns 28 de xullo, na que se abordaron diversos temas de interese municipal do Concello de Monforte, procedeuse á celebración do Acto de entrega da Medalla e Insignia aos membros da Corporación Municipal, que tal e como establece o Regulamento de Honras e Distincións do Concello de Monforte de Lemos, debe ser imposta tras xurar ou prometer o cargo no acto solemne de constitución da Corporación Municipal, momento no que non estaba aprobado e motivo polo que se celebrou este acto no día de onte.

O regulamento establece nos artigos 23 e 24 o procedemento de imposición da Medalla do Alcalde e dos Concelleiros ou Concelleiras. No artigo 23 establécese como será a devandita medalla de Alcaldía: será de prata de lei con baño de ouro, en forma de óvalo alongado, en sentido perpendicular de 5 cm de alto e 4,5 cm de ancho; no que figurará no centro do anverso, en relevo e con incrustacións de esmalte, o campo do escudo heráldico do Concello en medidas de 4 cm de alto por 2,5 cm de ancho, orlando ou timbre coa coroa real e ao pé con caracteres en relevo a inscrición: Alcalde ou Alcaldesa. No reverso, sobre fondo azul terá unha lenda en dourado: Excelentísimo Concello de Monforte de Lemos. O cordón da Medalla terá as cores da bandeira galega, branco e azul.

No artigo 23 establécese tamén que a imposición da Medalla realizarase no solemne acto de constitución da Corporación Municipal, unha vez proclamado Alcalde ou Alcaldesa, correspondéndolle esa honra á persoa que presida a mesa de idade. Como na data da Constitución da Corporación Municipal o Reglamento de Honras e distincións do Concello de Monforte non estaba aprobado, e non se puido realizar, ao non haber mesa de idade na data de onte, a Medalla de Alcalde foille imposta a José Tomé Roca, Alcalde de Monforte de Lemos, pola Secretaria Accidental Mª Luisa Quiroga Dapena.

Unha vez realizada a imposición da Medalla a José Tomé, o Alcalde procedeu, tal e como establece o artigo 24 do Regulamento, á imposición da Medalla de Concelleiro ou Concelleira ao resto de membros da Corporación Municipal que a ostentarán como atributo da representación do seu cargo e que é idéntica á do Alcalde, pero no anverso, orlando ao pé coa inscrición de Concelleiro ou Concelleira.

A Medalla unicamente a ostentará o titular da mesma, mentres ocupe dito cargo, podendo utilizala coincidindo coa celebración de actos institucionais, solemnes ou outras ocasións e acontecementos oficiais e así se consideren en virtude da representación que ostentan.

O Alcalde tamén lles entregou aos membros da Corporación Municipal a Insignia do Concello de Monforte de Lemos que é unha reprodución en miniatura do escudo oficial do Concello.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...