HomeTerra de LemosPantónFerreira de Pantón celebra as súas Festas Patronais do 16 ao 18...

Ferreira de Pantón celebra as súas Festas Patronais do 16 ao 18 de agosto

As Festas na honra de Santa María de Ferreira comezarán con sesión vermú polos bares de Ferreira ás 11:30h. do sábado, para ás 14:00h continuar na Praza de Goián. Nesta primeira xornada a verbena comezará ás 22:30h contando co grupo D´Kriss e sesión de DJ.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón organiza un ano máis as Festas Patronais de Ferreira de Pantón que se desenvolverán do 16 ao 18 de agosto. Despois das actividades do sábado, o domingo, 17 de agosto, haberá misa solemne coa actuación do Trícole e seguirán as sesión vermú na capitalidade municipal e en Goián. Dede as 17:30h contarase coas actividades de Infantilandia, que terán lugar na Piscina Municipal. Xa pola noite, desde as 21:30h a verbena estará amenizada polas orquestras Sinfonía e Principal.

Festas Ferreira de Pantón / Facebook Concello de Pantón

Xa o luns, 18 de agosto, repetiranse as sesión vermú desde as 11.30h. As actividades para os nenos e nenas con Infantilandia desenvolveranse, nesta ocasión, na Praza do Concello, desde as 17:30h. O fin de festa pola noite farase a partir das 21:00h coa actuación das orquestras Saudade e Combo Dominicano.

O alcalde, José Luis Álvarez, anima á participación nas diferentes propostas que se organizan para dinamizar estes días, “en agosto volven a Pantón numerosas familias, as que teñen aquí as súas orixes e quen aproveita para visitarnos nestes días de verán e de festa. Desexamos que veciños e visitantes aproveiten para pasar estes días de celebración en familia e seguir descubrindo as riquezas patrimoniais, paisaxísticas e culturais que temos en Pantón”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...