HomesociedadeRibeira Sacra: 81% de ocupación turística en xullo e previsión dun 87%...

Ribeira Sacra: 81% de ocupación turística en xullo e previsión dun 87% en agosto

Cos datos recollidos ata o de agora, din dende o Consorcio de Turismo, "constatamos que Ribeira Sacra continúa a bater récords de ocupación ano tras ano".

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Xerencia do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra vén de facer públicos os datos de ocupación turística de xullo e anticipar as previsións para o presente mes de agosto. Satisfacción máxima a que trasladan dende este organismo ao constatar que o pasado mes a ocupación alcanzou un 81%, o resultado máis alto dende que se teñen rexistros, e que para agosto contan cun 87% de reservas.

OCUPACIÓN XULLO 2025
Cunha media do 81%, a distribución por establecementos ou categorías hoteleiras, foi a seguinte:
Hoteis 4 e 3 estrelas: 83,6 %

Turismo Rural: 90%

Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 67%

Outros aloxamentos (albergues, pensións, campings, aptos, hoteis 2 e 1 estrelas): 84,5%

“Cos datos recollidos ata o de agora, constatamos que Ribeira Sacra continúa a bater récords de ocupación ano tras ano. Atopámonos ante os datos de ocupación para este mes máis altos dende que temos rexistros (8.268 prazas diarias ocupadas, fronte ás 6.432 de xullo 2024)”, comenta a xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Alexandra Seara.

A ocupación superou en máis dun 20 % as previsións que os responsables dos establecementos manexaban a finais de xuño, o que se traduce nun incremento diario de arredor de 2.000 prazas máis ocupadas. Como é habitual na tempada alta, a diferenza de ocupación entre os días laborais e fins de semana foi pouco significativa. Aínda así, nas fins de semana acadouse unha ocupación do 91%.

Respecto da ‘Ponte do Día de Galicia’, a ocupación acadou tamén valores máximos históricos. Situouse nun 88,5%, a cifra máis alta dende que se fan rexistros, o que supón 9.000 prazas diarias ocupadas.

PREVISIÓN PARA ESTE MES DE AGOSTO

Para este mes de agosto as expectativas van na dirección de superar todas as marcas de ocupación, “xa que nestes intres os establecementos xa contan cun 87 % de reservas para o que adoita ser o mes con maior demanda do ano”, refiren dende o Consorcio.

Todo apunta a que a ponte estatal do 15 de agosto será o momento de maior demanda turística do mes, cunha ocupación media prevista do 94 %.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...