HomesociedadeConta atrás para a cuarta edición do Coworking de Monforte de Lemos

Conta atrás para a cuarta edición do Coworking de Monforte de Lemos

As persoas interesadas en poñer en marcha algunha nova idea de emprendemento na comarca poden realizar a súa inscrición ata finais de mes para comezar en febreiro.

Publicado o

- Advertisement -

Poden participa do Coworking persoas de todas as idades que teñan en mente un proxecto de emprendemento en calquera área. No espazo Coworking, ubicado nas instalacións de Expolemos, os participantes recibirán asesoramento e un apoio integral para poder poñer en marcha as súas empresas.

O espazo Coworking ofrecerá asesoramento de balde durante 5 meses, aproximadamente. O programa está concibido para emprendedores que aínda non constituísen a súa empresa, pero ademais, poderán participar as persoas que estean nunha fase inicial de desenvolvemento do seu proxecto. Para máis información ou inscricións poden dirixirse á oficina da axente de desenvolvemento local do concello de Monforte, nas Casitas da Compañía ou a través do seguinte enlace.

O Alcalde, José Tomé Roca, lanza unha mensaxe para animar á xente a presentar as súas propostas: “a aceleradora de empresas vai ser unha moi boa oportunidade para impulsar novos proxectos na nosa comarca. Nun momento como o actual, precisamos máis que nunca ideas que permitan xerar novos postos de traballo”.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...